A Xunta investirá 576.000 euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de mellora de equipamentos nos concellos da comarca de Santiago

A Xunta investirá 576.000 euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de mellora de equipamentos nos concellos da comarca de Santiago

Estas novas actuacións previstas para o 2018 financiaranse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e con cargo a fondos propios da Orden de Infraestruturas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

O delegado territorial da Xunta na Coruña anunciou as axudas que este ano distribuirá a Xunta de Galicia nos concellos da comarca de Santiago. En total, repartiranse 576.525 euros para facer obras en Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Dodro, Frades, Melide, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Toques, Tordoia, Touro, Ordes e Mancomunidade de Concellos do Tambre.

Ovidio Rodeiro destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.

Entre as actuacións máis importantes destacan a mellora da eficiencia enerxética de varios alumeados públicos en A Baña e Santa Comba cun investimento de 83.000 euros, a renovación da iluminación pública en Negreira cunha axuda de 71.000 euros ou a mellora no abastacemento de auga en Santa Comba cun custe de 80.000 euros.

Estas novas actuacións previstas para o 2018 financiaranse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e con cargo a fondos propios da Orden de Infraestruturas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial. 

Comentarios