Rosa Quintana destaca que a produción de mexillón en Galicia acadou no 2017 a cifra máis alta de descargas e de facturación da última década

Rosa Quintana destaca que a produción de mexillón en Galicia acadou no 2017 a cifra máis alta de descargas e de facturación da última década

Estas cifras supoñen un aumento dun 11%, tanto en cantidade descargada como en valor económico con respecto ás do ano 2016

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou onte en Rianxo a calidade da produción de mexillón en Galicia, que no 2017 acadou a cifra máis alta de descargas e de facturación da última década, con 267.000 toneladas desembarcadas en lonxa por valor de arredor de 122 millóns de euros. Unhas cifras que supoñen un aumento dun 11%, tanto en cantidade descargada como en valor económico con respecto ás do ano 2016.

Ademais lembrou que esta especie supón máis do 95% da produción total da acuicultura da comunidade autónoma galega. Sinalouno na IX Festa do Mexillón deste municipio, organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo da localidade, coa colaboración do Concello co obxectivo promocionar este produto tan característico da zona. Neste sentido, a conselleira tamén puxo en valor o arraigo e o potencial do sector bateeiro no Barbanza. 

Comentarios