Aberto o prazo de inscripción da VII edición do "CorreSan"

Aberto o prazo de inscripción da VII edición do "CorreSan"
Aberto o prazo de inscripción da VII edición do "CorreSan"

A primeira proba será a xa tradicional e espectacular carreira nocturna polas rúas do casco histórico, que terá lugar o sábado 15 de setembro

Dende fai uns días a inscripción para a VII edición do CorreSan está aberta para todolas persoas interesadas en disfrutar dunha cita única e tradicional na capital de Galicia.

A primeira proba será a xa tradicional e espectacular carreira nocturna polas rúas do casco histórico, que terá lugar o sábado 15 de setembro a partir das 22:00 horas. A segunda carreira está prevista para o 13 de outubro coa Ruta da Prata-Angrois, unha das que ten maior dificultade de todo o circuíto polos cambios de rasante. A terceira proba será a da Ruta dos Parques, unha das máis participadas pola veciñanza polo trazado do circuíto e a facilidade da proba. Será o sábado 3 de novembro.

Este sétimo Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan incorpora unha novidade, a proba polo barrio de San Pedro, que permitirá que as persoas que participen coñezan ou redescubran un dos barrios máis característicos de Compostela. Esta carreira celebrarase o 1 de decembro e porá o broche a este CorreSan

Na seguinte ligazón poden inscribirse as persoas que non dubidan en poñerse en marcha nun reto moi especial: VII EDICIÓN CORRESAN

Comentarios