Ames consegue unha cifra alta de entradas no seu Punto Limpo

Ames consegue unha cifra alta de entradas no seu Punto Limpo

O teito está nas 650 entradas rexistradas no mes de setembro do ano pasado

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames, situado no polígono do Milladoiro, rexistrou durante o pasado mes de xullo 612 visitas, unha das cifras máis elevadas de entradas por mes dende que se inaugurou en xaneiro de 2007. O teito está nas 650 entradas rexistradas no mes de setembro do ano pasado. Das achegas feitas no pasado mes de xullo destaca fundamentalmente o aumento dos residuos eléctricos e electrónicos que se achegaron aos 4.500 quilogramos.

En relación aos residuos achegados pola veciñanza amesá destaca notablemente o aporte de RAEES (equipos eléctricos e electrónicos) que se achegaron aos 4500 quilogramos. Deste xeito durante o mes de xullo os veciños e veciñas de Ames entregaron 4.438 quilos de equipos electrónicos, 180 quilogramos de envases baleiros contaminados e 220 quilos (32 unidades) de neumáticos que se atopaban fóra de uso. Tamén se entregaron 90 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas, 240 quilos (15 unidades) de baterías de chumbo, 10 quilogramos (400 unidades) de pilas e 22 unidades de aerosois.

Os entullos procedentes de obras menores supuxeron 20 metros cúbicos, aos que se sumaron 30 metros cúbicos de plásticos, 40 de metais e outros 60 de madeira, así como 160 quilogramos de pintura. Os veciños e veciñas tamén achegaron 63 litros de aceites vexetais e outros 47 de aceite de motor. O Punto Limpo tamén recolleu 10 metros cúbicos de roupa, 9 de papel e outros 60 de voluminosos como colchóns, sofás e escumas.

Comentarios
Lo más