Compromiso propón unha senda peonil dende Son até Meixonfrío

Compromiso propón unha senda peonil dende Son até Meixonfrío

Faise imposible transitar como peón pola rúa do Tambre ata Son

Compromiso propón a creación dunha senda peonil dende Meixonfrío ata Son, xa que na actualidade é imposible transitar a pé dende Meixonfrío pola rúa do Tambre ata Son de Abaixo, ao carecer de beirarrúas para o uso peonil. A formación galeguista pide a creación dunha senda e dotación de servizos para os peóns e veciñanza da zona que levan reivindicando dende fai anos, xa que non se pode transitar a pé ao carecer toda a zona de beirarrúas. 

Isto unido ao gran volume de tráfico da zona, que circula a bastante velocidade xenera moita inseguridade. “Non se pode ter abandoadas deste xeito zonas semiurbáns que están a menos de 3 kilómetros do centro da cidade, diferenciando veciñanza de primera, segunda e terceira”, sosteñen dende Compromiso.

Comentarios
Lo más