Condenan o atentado contra a escultura da Catedral

Condenan o atentado contra a escultura da Catedral
Condenan o atentado contra a escultura da Catedral

“O Bng de Compostela rexeita o acto vandálico e esixe respecto polo noso patrimonio"

A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín Rei, condena o atentado que a pasada noite se cometeu contra unha escultura da fachada románica de Praterías da Catedral de Santiago e manifesta o seu rexeitamento total aos ataques ao Patrimonio do noso Concello.

"Esiximos respecto polo patrimonio da cidade e rexeitamos completamente este tipo de actos vandálicos que atentan contra os tesouros históricos e artísticos do noso concello“, sinalou Goretti Sanmartín.

A concelleira e portavoz do BNG en Santiago de Compostela referiuse á pintada que apareceu esta mañá na escultura do século XII da fachada de Praterías e defendeu a necesidade de concienciar á poboación e ás persoas que visitan a cidade da necesidade de protexer e coidar un patrimonio que é un eixo fundamental na identidade, na cultura e mesmo na economía do concello. "O patrimonio é de todas e todos nós mais tamén, dada a relevancia de Santiago de Compostela e mesmo a súa consideración oficial, é Patrimonio da Humanidade, polo tanto, toda persoa que se achegue ten que ter coñecemento da importancia de coidar un tesouro histórico, artístico e colectivo", afirmou Goretti Sanmartín para quen, "coñecer o valor do noso patrimonio é a mellor maneira para querelo e protexelo".

Comentarios
Lo más