Os grupos parlamentarios e municipal do PSdeG apoian aos traballadores do 061 nas súas protestas contra o traslado á Estrada

Os grupos parlamentarios e municipal do PSdeG apoian aos traballadores do 061 nas súas protestas contra o traslado á Estrada
Os grupos parlamentarios e municipal do PSdeG apoian aos traballadores do 061 nas súas protestas contra o traslado á Estrada

O concelleiro socialista destacou que "neste momento, o reloxo xa está na conta atrás para que Santiago de Compostela perda unha cousa máis"

Os voceiros dos grupos socialistas do Parlamento, Xoaquín Fernández Leiceaga, e do Concello, Paco Reyes, xunto co deputado responsable dos temas de Sanidade, Xulio Torrado, sumáronse onte ás protestas dos traballadores e traballadoras do 061 fronte o edificio do Sergas, en San Lázaro, amosándolles o seu apoio na oposición frontal ao traslado deste servizo á Estrada. Os tres responsables políticos coincidiron en cualificar esta decisión política do PP como "ineficiente" e sen contar en absoluto co colectivo de empregados.

O concelleiro socialista destacou que "neste momento, o reloxo xa está na conta atrás para que Santiago de Compostela perda unha cousa máis", e nesta liña, subliñou que co PP na Xunta e Compostela Aberta no Concello, a cidade xa ten perdido a centraliña da Policía Local, o 112 e agora, se non se da un paso atrás. tamén o 61.

"Entendemos que esta decisión non se xustifica por ningún lado", dixo Reyes, que apuntou que "o certo é que o 061 está na capital de Galicia, no centro xeográfico de Galicia, no nó de comunicacións de Galicia e, polo tanto, no mellor emprazamento con moita diferencia para poder facer o seu traballo cunha calidade extraordinaria".

Para o voceiro, a responsabilidade é do Sergas e da Xunta, do PP, que "está tomando claramente unha decisión ineficiente para o sistema sanitario galego", pero engadiu que "dende que Xerardo Conde Roa chegou á Alcaldía, os outros dous alcaldes do PP e agora o alcalde CA, Martiño Noriega, o único que está a facer Santiago de Compostela é perder cousas". "Mentres gobernaba o PSOE, mentres tiñamos gobernos socialistas, Santiago foi conseguindo cousas, mentres que agora estamos perdendo", afirmou. "O alcalde da Estrada ten máis peso que o de Santiago de Compostela", valorou Reyes, que lle preguntou a Noriega qué propostas fixo á Xunta de Galicia para que non marche o 061.

Pola súa banda, o voceiro parlamentario manifestouse na mesma liña, afirmand, ademais, que "nós estamos preocupamos nestes meses de verán pola calidade dun servizo básico como é o sanitario". A este respecto, lembrou cómo estes días constatouse que a falla de persoal acaba tendo consecuencias sanitarias graves e, polo tanto, reiterou a "nosa convicción de que hai que facer un esforzo para programar e contratar nas mellores condicións posibles".

Fernández Leiceaga dixo que as protestas dos traballadores do 061 exemplifican a "decisión ineficiente" de levar "un servizo que está a funcionar perfectamente na capital de Galicia a outra ubicación e sen unha negociación axeitada das condicións de traballo".

Comentarios
Lo más