O GDR da a coñecer e pon en valor a riqueza da fauna e a flora do Concello a través de paneis informativos

O GDR da a coñecer e pon en valor a riqueza da fauna e a flora do Concello a través de paneis informativos

panel informativo, instalado nestes últimos días, destaca que o Concello de Touro conta cun rico patrimonio natural asociado á extensa rede fluvial que conforma o río Ulla no seu territorio e os regatos que nel conflúen

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla Tambre Mandeo instalou un panel informativo no Concello de Touro, concretamente ao lado do Centro de Interpretación do Río Ulla, para dar a coñecer a veciños e visitantes a riqueza da fauna e a flora do Concello de Touro. O panel informativo, instalado nestes últimos días, destaca que o Concello de Touro conta cun rico patrimonio natural asociado á extensa rede fluvial que conforma o río Ulla no seu territorio e os regatos que nel conflúen, coa súa característica vexetación de ribeira. Tamén apunta que estes ecosistemas húmidos e as fragas con especies propias do bosque atlántico onde se mesturan especies do mundo meditarráeno, como sobreiras e érbedos, conviven cos prados e terras de cultivo. 

O GDR trata de poñer en valor a riqueza natural de Touro e dos outros concellos que a integran: Arzúa, Boimorto, O Pino, Melide, Santiso, Toques, Sobrado e Vilasantar. O cartel informativo, baixo o título : Descubre a natureza do territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo, mostra en imaxes as árbores da ribeira e da fraga e as plantas e animais característicos como o porco teixo, miñato común, ourizo cacho, rá de san Antón ou o morcego rateiro grande. O GDR aposta por dar a coñecer a riqueza natural de Touro porque así tamén se cuida e preserva o noso entorno natural.

Comentarios
Lo más