Semana do debuxo na Ludoteca de Verán de Lousame

Semana do debuxo na Ludoteca de Verán de  Lousame
Semana do debuxo na Ludoteca de Verán de Lousame

Para as familias, este tipo de propostas serven ademais para compaxinar a súa actividade cotiá coas vacacións escolares.

Os nenos e nenas participantes na programación da Ludoteca de Verán do Concello de Lousame están dedicando esta semana ao debuxo. As distintas actividades, supervisadas por persoal de monitoraxe, están orientadas a que utilicen toda a súa imaxinación para expresarse sobre o papel.

Unha vez preparadas as creacións, comparten o seu contido cos compañeiros e compañeiras explicando cada debuxo. Deste xeito, dun xeito divertido e entretido foméntase a expresividade da infancia e a verbalización de emocións e pensamentos ante os demais. Para as familias, este tipo de propostas serven ademais para compaxinar a súa actividade cotiá coas vacacións escolares.

Comentarios