Touro celebra hoxe, 12 de agosto, a súa XXVI ‘Festa da Terceira Idade'

Touro celebra hoxe, 12 de agosto, a súa XXVI ‘Festa da Terceira Idade'

A festa rematará arredor das 19.30 horas

O Concello de Touro celebrará hoxe domingo, día 12 de agosto, a súa XXVi ‘Festa da Terceira Idade’. A cita anual, dirixida aos maiores de 60 anos do Concello de Touro, celebrarase en Fonte Díaz, na parroquia de Touro. A tradicional Festa dos Maiores terá lugar o próximo domingo nas instalacións ubicadas nas proximidades da Casa da Cultura e o novo PAI. 

En esa zona instalarase unha gran carpa que acollerá o evento. Haberá actuación da Banda de Música Isabel II de Touro, misa campestre coa actuación do Coro de Loxo, xantar e música, como de costume.

A xornada de hoxe domingo servirá para ocupar o tempo dos maiores, fomentar a súa participación nas actividades de lecer e cultivar as relacións entre as persoas dunha mesma idade.

O Departamento de Servizos Sociais de Touro presta especial atención a este colectivo da población.

Na xornada de celebración de hoxe o haberá concerto da Banda de Música Isabel II de Touro, que comenzará ás 12,45 horas; unha misa campestre coa actuación do Coro de Loxo, que está previsto que comence ás 12.15 horas; e o xa tradicional ‘xantar’, que estará composto de empanada de bacallau, polbo á feira, carne ao caldeiro con patacas, e sobremesa. 

Posteriormente organizaránse partidas de tute e brisca e terá lugar a actuación do dúa 'Eva e Camilo'. Os asistentes serán premiados, como xa é tradicional, co recoñecemento ao veciño e á veciña de maior idade do Concello de Touro presentes na celebración. A festa rematará arredor das 19.30 horas.

Comentarios
Lo más