"O Goberno de Compostela Aberta deixa de lado aos pequenos provedores ao retardar o pago de facturas"

"O Goberno de Compostela Aberta deixa de lado aos pequenos provedores ao retardar o pago de facturas"

Para o Grupo Municipal Popular "é inadmisible que o Goberno de Martiño Noriega manteña sen aboar facturas de obras rematadas xa no mes de abril a pequenos empresarios, o que supón un grave prexuízo a eles e aos traballadores das súas empresas"

O Grupo Municipal Popular lamenta que “o Goberno de Compostela Aberta teña tomado a decisión de deixar de lado aos pequenos provedores ao retardar o pago de facturas aos mesmos por obras xa rematadas hai máis de catro meses”.

“Esta situación está a crear graves prexuízos, sobre todo, a pequenos empresarios e aos seus traballadores que ven como día a día o Goberno de Martiño Noriega se retrasa máis en aboar as facturas que teñen pendentes”, afirman.

O Grupo que dirixe Agustín Hernández xa ten denunciado esta situación en varias ocasións, posto que “o retraso no pago a pequenos provedores estase a converter nun clásico dos tres anos de Goberno de CA, alcanzando récords en servizos como o refuxio de Bando, que xa supera en 100 días o período medio de pago a provedores (PMP)”.

“A falta de pago aos provedores, ou o retraso nos abonos supón unha importante desfeita nas economías das pequenas empresas e autónomos que vén como lles resulta imposible pagar a tempo aos seus propios provedores. Desde que Compostela Aberta comezou a gobernar xa incumpriron en 19 ocasións o PMP, sen contar con que en dúas oportunidades non comunicaron os datos ao Ministerio de Hacienda, polo que é posible que se incumprira tamén”.

“Con estes datos, queda patente que a metade do mandato o Grupo de Martiño Noriega non foi quen de pagarlle a tempo aos seus provedores, mentres que durante o Goberno do Partido Popular, é dicir, dende setembro de 2014 que é cando se implantou o actual sistema de PMP, non se incumpriu nin unha soa vez”.

O Grupo Popular reitera que “todo isto fai que existan provedores que se estean a plantexar a reclamación dos intereses previstos na lei de morosidade ao Concello polo retraso, unha posibilidade prevista na lei 3/2004 de morosidade, que foi fixado polo Goberno no 8% para o segundo semestre do 2018 (BOE 29/06/2018), polo que, por exemplo, segundo os datos do 1º trimestre do 2018, o Goberno de Martiño Noriega tería que pagar, aproximadamente, 73.000 €/mes en intereses”. 

Comentarios