O concello de Ribeira activa unha actuación dirixida a eliminar tres puntos de vertido nas rúas Galicia e da Barreira en Ribeira

O concello de Ribeira activa unha actuación dirixida a eliminar tres puntos de vertido nas rúas Galicia e da Barreira en Ribeira

Por medio da inspección con videocámaras detectouse a existencia de conexións incorrectas entre as redes de saneamento e pluviais nas citadas rúas, o que está provocando o vertido de augas fecais cara á zona portuaria

O Concello de Ribeira vai efectuar unha actuación destinada a eliminar tres puntos de vertido nas rúas Galicia e da Barreira, sitas na cidade.

Neste senso, por medio da inspección con videocámaras detectouse a existencia de conexións incorrectas entre as redes de saneamento e pluviais nas citadas rúas, o que está provocando o vertido de augas fecais cara á zona portuaria.

Así e logo, o que se pretende é solucionar esta eiva conectando os colectores coa rede de saneamento que desemboca na depuradora. A tal efecto, disporanse 62 metros de tubaxe de PVC SN4 compacto de 400 milímetros de diámetro e executaranse cinco pozos de rexistro.

O orzamento total da actuación ascende a 7.759 euros, para a cal se recibiu unha achega polo cento por cento do importe da actuación outorngada por Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

O prazo de execución é dun mes e medio.

Comentarios
Lo más