O Santiago Futsal listo para afrontar a pretemporada

O Santiago Futsal listo para afrontar a pretemporada

O primeiro amistoso será o vindeiro venres 17 de agosto en Melide ante o Prone Lugo FS

O plantel do Santiago Futsal continúa sumando sesións de traballo preparatorias de cara a inaugurar, da mellor forma posible, a súa participación na Segunda División. Para elo, o conxunto que dirixe Santi Valladares alternará as sesións de traballo físicas e tácticas con diversos encontros amigables.

Os cinco encontros amigables disputaranse en terreo galego; o primero deles o vindeiro venres día 17 en Melide ante Prone Lugo FS. Unha semana despois, o sábado día 25, desplazaranse a San Sadurniño para medirse a Cidade de Narón.

O Santiago Futsal repetirá como participante do prestixioso torneo de verán Burela Bonita os días 30 de Agosto e 1 de Setembro. Para pechar el calendario de amigables visitará a domicilio a un rival de Primera División como é Parrulo Ferrol FS o sábado día 8 de Setembro.

Grandes oportunidades para o conxunto santiagués para probar a súa maquinaria antes de iniciar o campionato o vindeiro domingo 16 de Setembro ante Bisontes Castellón FS no Municipal de Santa Isabel.

Comentarios
Lo más