Nava Castro invoca ao Apóstolo en nome dos participantes da IX Ruta Marítima O Cabaleiro das Cunchas

Nava Castro invoca ao Apóstolo en nome dos participantes da IX Ruta Marítima O Cabaleiro das Cunchas

IX RUTA MARÍTIMA O CABALEIRO DAS CUNCHAS

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, realizou onte a invocación ao Apóstolo na misa do peregrino celebrada na Catedral de Santiago en nome dos participantes na IX Ruta Marítima O Cabaleiro das Cunchas, unha travesía impulsada pola Fundación Traslatio seguindo os relatos da tradición xacobea. 

Na súa intervención, a responsable de Turismo da Xunta lembrou que o Camiño de Santiago é hoxe un fenómeno mundial e pediu que os peregrinos “atopen no seu percorrido os valores ligados á espiritualidade, á acollida e á hospitalidade e ao valor patrimonial e natural”.

“Que no seu camiñar cara Compostela poidan experimentar a súa condición de peregrino, poidan atopar na ruta novas ilusións, un novo coñecemento propio e dos demais para que unha sociedade máis libre, respectuosa e solidaria”, implorou Nava Castro, quen lembrou que a Catedral de Santiago constitúe un dos lugares fundacionais da identidade europea, polo que instou a non perder a súa referencia a prol da paz, a convivencia e a liberdade.

Comentarios
Lo más