O Comité de Folga do 061 alerta do perigo das "improvisacións" nas probas con pacientes reais realizadas na nova central do 061

O Comité de Folga do 061 alerta do perigo das "improvisacións" nas probas con pacientes reais realizadas na nova central do 061

As probas as realiza persoal que non son médicos coordinadores en activo. É persoal que leva máis de 6 anos sen exercer como médicos coordinadores e sen o curso de reciclaxe

O día 9 de agosto comezaron a facer probas en paralelo entre as dúas centrais do 061. Á Central do 061 trasladouse persoal de diversas categorías para comezar a facer esas probas en paralelo coas dúas centrais. 

Para levar a cabo ditas probas, con chamadas de urxencias e emerxencias reais, non contaron co persoal médico coordinador que é o persoal encargado de xestionar esas chamadas e decidir que recursos públicos se mobilizan.

Recordar que esta potestade é propia dos médicos coordinadores. Para facer eses traballos, o 061 trasladou ás dependencias da Estrada á xefa de Servizo de Atención ao Usuario, á xefa de Servizo do Transporte Sanitario Urxente e ao director de Coordinación e foron eles os que se encargaron de realizar a atención das emerxencias e urxencias, tarefa que é propia dos médicos coordinadores, sendo estes os únicos que teñen a habilitación e competencia para desenvolver ese labor.

O Sindicato tamén denuncia que estas probas estanse a levar a cabo sen un cronograma detallado e sen os recursos humanos destinados para cada unha das tarefas. O comité de folga do 061 alerta de que este comportamento é temerario e pode ocasionar responsabilidades administrativas e incluso penais.

Na última reunión coa Xunta de Persoal do 061 facilitouse un cronograma cheo de imprecisións e vaguedades que non garanten un traslado cun mínimo de garantías.

Por todo isto, queremos comunicar que se a calidade do servizo da central do 061 se ve mermada non é porque esteamos en folga, pois os servizos mínimos son do 100%, senón que é porque este traslado se está a levar a cabo sen a dilixencia precisa e sen planificación de ningún tipo.

Comentarios
Lo más