Rescatados oito menores tras envorcar a súa embarcación

Rescatados oito menores tras envorcar a súa embarcación

Os menores rescatados foron levados na embarcación de Salvamento Marítimo ao porto de Cedeira

Oito menores foron rescatados ilesos esta tarde en Valdoviño tras envorcar no mar a barca coa que navegaban. Sucedeu na zona de Barra, ao fío das 14:50 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta dos feitos. Indicaba no seu relato que estaban sendo levados pola corrente.

Acto seguido, dende o CIAE 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo, que mobilizou o helicóptero Pesca-II e unha embarcación na que foron rescatados os oito menores.

Tamén, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención da Garda Civil, da Policía Local e das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Valdoviño e Cedeira. Do mesmo xeito, se informou do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias.

Finalmente, os menores rescatados foron levados na embarcación de Salvamento Marítimo ao porto de Cedeira.

Comentarios
Lo más