Investigan as os gases das augas do subsolo de Ourense polo seu potencial

Investigan as os gases das augas do subsolo de Ourense polo seu potencial

Durante quince días, os traballos de investigación porán o foco nos gases disoltos en ditas augas

O centro de investigación do Instituto de Enerxías Renovables de Tenerife (ITER) está a realizar, no marco do proxecto Geoatlantic liderado polo Concello de Ourense, a análise das augas dos mananciais termais da nosa cidade. 

Durante quince días, os traballos de investigación porán o foco nos gases disoltos en ditas augas co gallo de complementar o coñecemento que posuímos sobre elas e de analizar novas oportunidades de uso. 

Con este motivo, onte celebrouse unha reunión de traballo na que participou Nemesio M. Pérez, director da División de Medio Ambiente do ITER, co alcalde en funcións, José Araújo, e co concelleiro de Promoción Económica e Turismo-Termalismo, Jorge Pumar.

“Esta investigación complementa todos os traballos que se están realizando e ten, como finalidade última, a de coñecer ao máximo todas as propiedades da auga termal e seguir desenvolvendo iniciativas que permitan darlle un mellor servizo aos cidadáns e posicionar Ourense como referente do ámbito termal e turístico”, aseguraba o concelleiro Jorge Pumar tras a reunión.

Pola súa banda, o alcalde en fincións, José Araújo, valoraba moi positivamente a reunión “para coñecer os pasos actuais da investigación e os seguintes pasos onde Ourense será sede dun procedemento innovador novo para coñecer as potencialidades xeotérmicas do noso chan”, dixo.

Coñecer “a composición química e isotópica dos gases do subsolo” é o motivo da viaxe do ITER á nosa cidade. Así o aseguraba o profesor Nemesio M. Pérez, quen avanzaba que só é o primeiro paso nunha investigación orientada a sacarlle o máximo rendemento ás augas termais.

Comentarios