A Andaina Solidaria co Alzhéimer propón dúas distancias de 2,5 e 10 quilómetros

A Andaina Solidaria co Alzhéimer propón dúas distancias de 2,5 e 10 quilómetros

A cota terá lugar o 24 de agosto

Baixo o lema “Os Camiños da Memoria”, Riveira volverá a acoller por terceira vez unha Andaina Solidaria co Alzhéimer a iniciativa da Asociación Agadea.

A cita terá lugar o vindeiro venres 24 de agosto e para a súa presentación compareceron onte no Concello o alcalde Manuel Ruiz, a presidenta de Agadea Isabel Gey, a xerente do centro de día do alzhéimer en Riveira Noelia Riaño, e Eduardo Iglesias de Arousa Neo que colabora na organización, ao igual que Sachacamiños Clube, Cofradía da Dorna, Asociación de Veciños de Carreira e Lisardo Vilar Fotografía.

A andaina arrancará ás 21 horas da praza do Concello e como novidade a saída estará amenizada polo grupo folclórico Chorimas de Queiruga. Ás 21.30 horas haberá unha proxección cinematrográfica da película “Engurras” na praza de Pablo Neruda, coincidindo máis ou menos coa chegada de novo ao Concello do primeiro anel dos dous de que consta o trazado.

A este último respecto, Eduardo Iglesias explicou que este primeiro anel comprende unha distancia de 2,5 kilómetros que poden realizar aqueles que non estean preparados para o percorrido completo, que abrangue 10 kilómetros. Nel, atravesaranse puntos como A Garita, Alto do Rial, A Catía, Laxes, Carreira, A Garita, desembocando de novo na praza consistorial.

A dificultade tanto técnica como física é media-baixa e estímase unhas 2,5 horas de duración. Dado que o desenvolvemento da andaina coincide co lusco e fusco é conveniente traer algún tipo de iluminación.

Ao finalizar haberá como en anos anteriores un avituallamento.

Inscricións

Os interesados en inscribirse poden realizalo de forma presencial no Centro de Día de Alzhéimer ou por teléfono/whatsapp no 672 705 053. Conleva una doazón de 2 euros.Hai de prazo ata o 22 de agosto ou ben ata completar as 250 prazas dispoñibles.

Isabel Gey resaltou na súa intervención que Riveira é a “capital dos terapias non farmacolóxicas” en relación ao alzhéimer ao poder prestar servizo dende o centro alí ubicado a unhas 120 persoas da comarca. Pola súa banda, o alcalde animou á xente a participar nesta festa e acto social para achegarse á situación de quen padece esta doenza.

Comentarios