As festas de Bertamiráns enchen de música e actividades das rúas amesás

As festas de Bertamiráns enchen de música e actividades das rúas amesás

A Festa do Porco á Brasa é o pistoletazo de saída de unhas festas cheas de música e actividades

Onte á noite deron comezo as festas da Peregrina de Bertamiráns coa IV Festa do Porco á Brasa, que tivo lugar no Campo da Peregrina ás 22.00 horas. Arredor dunhas preto de duascentas persoas asistiron ao festexo, no que se puido degustar, alén do propio porco, outros produtos como empanada e diferentes sobremesas. 

A Festa do Porco á Brasa é o pistoletazo de saída de unhas festas cheas de música e actividades. Deste xeito, onte puidose gozar da actuación de Mar d`Arousa. 

Hoxe sábado, 11 de agosto, os festexos comezaron ás 10:00 horas coa tirada de 21 bombas de palenque e, a partir das 11:00 horas, a charanga Os Atrevidos da Barcala percorreron as rúas de Bertamiráns.Ás 14:00 horas comezará a sesión vermú coa orquestra Ritmo Joven. 

Pola tarde haberá inchables para os cativos de 18:00 a 21:00 horas no parque da Travesía do Rueiro. Cara ao final do día, ás 19:00 horas, terá lugar unha misa e a procesión de fachos. 

A partir das 22:00 horas dará comezo a verbena no Campo da Peregrina coas orquestras Ritmo Joven e Furia Joven, conxunto que está a realizar a súa primeira xira por Galicia.

O domingo, 12 de agosto, a festa comezará ás 10:00h coa tirada doutras 21 bombas de palenque e cun pasarrúas a cargo do grupo de gaitas amesán Os Castros, que tamén ofrecerá unha actuación de baile tradicional a partir das 12:00h na praza da Maía. 

Nesta mesma praza actuará, a partir das 11:00h, a banda de música de Negreira, que tamén acompañará a procesión posterior á misa solemne das 12:00h. A sesión vermú dará comezo ás 14.00 horas coa actuación da orquestra Israel. Xa pola tarde, ás 19:30h no campo municipal, terá lugar o XV Trofeo de Fútbol “Café Don Budi”. 

O punto final das festas da Peregrina de Bertamiráns poñerano as actuacións das orquestras Israel e El Combo Dominicano a partir das 22:00 horas.

Comentarios
Lo más