Sábado soleado na capital de Galicia

Sábado soleado na capital de Galicia

O vento soprará frouxo de compoñente norte

O sábado Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas e baixas presións, onde as altas presións irán perdendo forza ao longo da fin de semana. 

Polo tanto, os ceos estarán pouco anubrados ou despexados en xeral, con presenza de algunhas brétemas costeiras no litoral norte. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. 

O vento soprará frouxo de compoñente norte.

A temperatura máxima que acadará Compostela é de 28ºC e unha mínima de 15ºC




Comentarios