En Marea Touro debateu sobre o novo plan de transporte metropolitano cos veciños do concello

En Marea Touro debateu sobre o novo plan de transporte metropolitano cos veciños do concello

Entre as principais carencias que detectan está a imposibilidade de volver á casa de estudar ou traballar pola noite

O pasado xoves a marea de Touro convocou unha charla-debate para falar sobre o novo plan de transporte metropolitano de Galicia. Contaron coa presenza de Conchi García da plataforma TeoBus e co deputado de En Marea Antón Sánchez. Os asistentes coincidiron na necesidade de implementar un servizo de autobús que lle permita á veciñanza acudir con normalidade ás áreas dotadas con servizos (Fonte Díaz, Touro...). 

Entre as principais carencias que detectan está a imposibilidade de volver á casa de estudar ou traballar pola noite ou o alto número de parroquias que carecen de servizo algún de autobús.
As solucións que propoñen van dende o transporte á carta partindo dun itinerario previamente establecido, no cal van comezar a traballar conxuntamente, até a modificación das rutas xa existentes para coordinar o servizo con concellos colindantes como O Pino ou Vila de Cruces a través de autobuses lanzadeiras.
Dende a agrupación local consideran que a mobilidade é un dereito fundamental e imprescindible para acadar unha sociedade máis xusta e sostible, ó mesmo tempo que aseguran que axudaría a fixar poboación e a facer de Touro un lugar máis atractivo para atraer novos habitantes. 
Comentarios