Pirenópolis, a maxia da natureza no seu estado máis puro

Pirenópolis, a maxia da natureza no seu estado máis puro

Viaxamos ata a cidade brasileira de Pirenópilis para coñecer dous lugares recomendados para o chamada ecoturismo

Todo mundo coñece Brasil polas súas praias paradisíacas, pola festa do Entroido nas súas rúas, pola gran selva que teñen nun ecosistema único. Hoxe, viaxamos ata Pirenópolis, no estado de Goiás, un enclave único dentro dun gran país e moitas veces moi descoñecido.

A cidade foi fundada en 1727, tivo unha intensa actividade de minería nas súas terras xa que se podía atopar ouro con moita facilidade e converteuse nun epicentro de actividade comercial, mineira e da agricultura, sendo o algodón a estrela da zona.

119095794

Recibe o nome de Pirenépolis por recibir moitos inmigrantes españois, concretamente catalán, de ahí que o nome faga referencia aos Pirineos, chamada Cidade dos Pirineos.

Na actualidade é un centro turístico para todas as persoas que queiran coñecer un poco máis do interior dun fantástico país como é Brasil.

Photo0jpg

A parte da fermosa arquitectura que ten a cidade así como a súa igrexa, os turistas poden atopar dous hoteis perfectos para a súa estancia.

Posada Rancho do Ralf, unha estancia única que conta con mái de 10.000 metros cadrados de paisaxe e un fermoso xardín para poder descansar na natureza, no seu estado máis puro. Esta estancia encádrase dentro do chamado ecoturismo, un turismo que se adica a sostibilidade e o contacto coa natureza. A Posada Rancho do Ralf é un espazo único adicado a esta nova tendencia.

Por outro lado, se queremos probar a gastronomía do lugar que mellor maneira que camiñar un pouco e adentrarse no restaurante Venda do Vento, un espazo onde convive a tradición coa modernidade. Pódese probar dende o máis típico da zona ata a comida máis exquisita e sempre coa natureza presente no seu ambiente.

7252314574 7b53f28bed o

Fervenzas, xardíns, natureza... todo isto se pode atopar en Pirénopolis, un lugar cheo de maxia, de natureza e de un ambiente que faiche conectar coa túa esencia vital.

Comentarios
Lo más