Catro persoas feridas nun accidente en Redondela

Catro persoas feridas nun accidente en Redondela

O accidente ocorreu no punto quilométrico 137 da N-550, ao fío das 14:00 horas de onte

Unha colisión por alcance entre tres turismos en Redondela saldouse esta tarde con catro persoas feridas de carácter leve. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, tres das persoas accidentadas foron trasladadas ao hospital Concheiro e a outra persoa ferida ao hospital Fátima.

O accidente ocorreu no punto quilométrico 137 da N-550, ao fío das 14:00 horas. Nese momento, o persoal do 061-Urxencias Sanitarias e os voluntarios de Protección Civil de Redondela contactaban co 112 Galicia para alertar do sinistro.

Decontado, dende o CIAE 112 Galicia se pasou o aviso á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros do Porriño.

Comentarios