Denuncian o deterioro dalgunhas zonas históricas da cidade

Denuncian o deterioro dalgunhas zonas históricas da cidade

O grupo que dirixe Agustín Hernández considera que o episodio da pintada na Catedral é unha das consecuencias desa falta de interese por levar a cabo determinadas accións

O Grupo Municipal Popular lamenta o estado que o Goberno de Compostela Aberta estea a converter en papel mollado as súas promesas de arranxar os distintos problemas de carácter social. Este desleixo e falta de vontade política está a provocar que Santiago se converta no escenario de situacións cada vez máis pintorescas.

Nos últimos meses, tanto veciños como os turistas están a ser os máis prexudicados pola inacción do Grupo de Goberno, ao contemplar como se complican determinadas situacións en zonas tan destacadas da cidade como son os arredores da Catedral ou a praza do Toural, entre outras.

O grupo que dirixe Agustín Hernández considera que o episodio da pintada na Catedral é unha das consecuencias desa falta de interese por levar a cabo determinadas accións que impedirían que acontecemento como os mencionados sexan tan fáciles de levar a cabo.

Os Populares teñen claro que non é posible poder controlar aos milleiros de visitantes que a cidade rexistra, sobre todo, nos meses de verán, pero consideran que unha mellora da vixilancia nestas zonas dificultaría as actuacións dos que non teñen respecto pola nosa cidade e o seu patrimonio.

Cabe sinalar que protexer a calidade de vida dos veciños e turistas é tarefa e responsabilidade do equipo de Goberno, polo que deberían deixar de lado discursos baleiros e poñer en funcionamento distintas actuacións que supoñan unha mellora en materia de seguridade e convivencia nunha cidade que é a capital de Galicia.

Non parece aceptable que se estea a mirar cara outro lado cando existen persoas que viven en situacións precarias, tanto pola súa calidade de vida como polos problemas de convivencia que están a xerar cos veciños e turistas, como leva sucedendo en prazas tan emblemáticas como O Toural e Cervantes.

Por outra banda, nestes días, escoitamos queixase do Goberno de Martiño Noriega polo que eles chaman falta de efectivos policiais, pero a realidade é que teñen sen desenvolver a oferta de emprego de 2015 da policía Local. Si isto se tivera feito en tempo e forma, neste momento, os efectivos policiais serían máis o que se reflectaría nun mellor servizo e unhas mellores condicións laborais para os axentes.

Comentarios