Volven os ceos cubertos á capital de Galicia

Volven os ceos cubertos á capital de Galicia

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso

O domingo unha fronte fría pouco activa chegará a Galicia, polo que se agarda unha xornada de ceos cubertos con chuvias de carácter feble e intermitente máis probables no norte e oeste da Comunidade, mentres que nas comarcas do interior comezará o día con poucas nubes e irase cubrindo o ceo co avance da tarde. 

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso. Cunha mínima de 15ºC e unha máxima de 23ºC

O vento soprará frouxo de compoñente oeste.


Comentarios
Lo más