A Xunta quere que os estudantes de turismo se poidan formar no exterior

A Xunta quere que os estudantes de turismo se poidan formar no exterior

A convocatoria, para titulados nos últimos catro anos, desenvolveranse durante dez meses en mercados emisores relevantes para Galicia en Europa (Londres, París, Berlín, Bruxelas e Milán), América (São Paulo e Os Ánxeles) e China (Cantón)

Turismo de Galicia convoca oito bolsas de formación práctica en oficinas de turismo no estranxeiro dirixidas a persoas tituladas nos últimos catro anos que acrediten o coñecemento da lingua oficial do país.

As oito bolsas, dotadas cun orzamento de máis de 200.000 euros por parte da Xunta, prevén unha estadía formativa de ata dez meses en mercados emisores relevantes para Galicia. En concreto, os seleccionados realizarán prácticas en oficinas de turismo de Europa (Londres, París, Berlín, Bruxelas e Milán), América (São Paulo e Os Ánxeles) e China (Cantón).

O obxectivo é fomentar o perfeccionamento profesional dos bolseiros mediante a realización de prácticas suxeitas ao plan de formación que se lles entregará ao comezo do período.

Amais de acreditar o coñecemento da lingua galega, deberán certificar a lingua oficial dopaís en Londres, París, Berlín, Os Ánxeles, Milán e São Paulo. No caso de Bruxelas, francésou inglés, mentres que para a bolsa de Cantón deberase acreditar o manexo de chinés ou inglés. Os aspirantes serán avaliados polo seu curriculum e os resultados da realización dun test de coñecementos turísticos, un caso práctico, proba de idiomas e entrevista persoal.

Coa convocatoria destas bolsas, a Xunta de Galicia afonda en dous dos seus obxectivos marcados na Estratexia do turismo de Galicia 2020. Por unha banda na busca da excelencia na atención ao viaxeiros da man da formación de calidade dos profesionais do sector. E por outro lado tamén se avanza no obxectivo de internacionalización do destino no que a Xunta traballa e que permitiu que en 2017 a Comunidade marcara un máximo histórico neste eido.

O peso do turismo internacional foi do 28,7% o ano pasado, cun incremento xeneralizado dos principais mercados emisores, destacando por intensidade as melloras rexistradas no anglosaxón, con subidas da demanda turística do 17% no caso do mercado americano e do 13% no caso do británico. Participan desta dinámica outros mercados como Italia cun 9,6% de aumento.

Ademais, Brasil é xa un dos principais países emisores no referido ao Camiño de Santiago, en concreto é o oitavo con máis peregrinos. Tamén diversos países asiáticos están a ocupar un papel máis destacado no turismo galego e na propia ruta xacobea.

Comentarios
Lo más