O DesOrdes Sonoras anima con son e cor o parque da Constitución

O DesOrdes Sonoras anima con son e cor o parque da Constitución

O domingo houbo proxeccións a partir da media noite na fachada do Concello da man de A.L. Crego

O DesOrdes Sonoras encheu de música, diversión, arte e boa compaña o parque da Constitución o sábado. SSSEKONE vinil set foi o encargado de animar o ambiente cunha estupenda sesión musical que amenizou as cañas e os vermús de todas as persoas que se achegaron a este espazo situado no centro da vila ordense. Á par Nove Noel ofreceu unha exhibición de pintura en vivo.

En grande o pasaron tamén os nenos e nenas que participaron no obradoiro de pintura mural, quenes non dubidaron en darse un baño nos estanques do parque para refrescarse da calor reinante. O programa para hoxe tamén inclúe roteiros guiados polos distintos murais do núcleo urbano e concertos nocturnos a cargo de Hermanos L, Boyanka Kostova, Mounqup e SSSEKONE vinil set.

O domingo houbo proxeccións a partir da media noite na fachada do Concello da man de A.L. Crego. Non foi a única ubicación escollida senón que ademais, e aleatoriamente empregando un vehículo, tamén se puideron contemplar imaxes sobre paredes, fachadas e espazos do casco urbano ao longo da noite.

Comentarios
Lo más