Dúas persoas feridas tras chocar a súa embarcación contra unha batea

Dúas persoas feridas tras chocar a súa embarcación contra unha batea

Dúas persoas feridas foron trasladadas polos efectivos sanitarios ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde despois de que a embarcación coa que navegaban chocase contra unha batea en Cangas. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as persoas accidentadas foron evacuadas nunha embarcación particular ata a Praia de Liméns.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 13:50 horas a través da alerta dunha persoa particular e, decontado, dende o CIAE 112 Galicia se pasou o aviso ao Servizo de Gardacostas de Galicia e a Salvamento Marítimo. Ademais, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, de Protección Civil de Cangas e da Garda Civil.

Finalmente, as dúas persoas feridas foron trasladadas polos efectivos sanitarios ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Comentarios