Xornada de transición para o anticiclón

Xornada de transición para o anticiclón

Pola tarde, os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados no sur e con nubes e claros no resto

O luns será unha xornada de transición cara ás altas presións. Así, durante a mañá os ceos estarán anubrados, con máis nubes con terzo norte onde mesmo se poderá rexistrar algunha chuvia miúda. 

Pola tarde, os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados no sur e con nubes e claros no resto, aínda coa posibilidade dalgún chuvasco no litoral norte.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos, con lixeiros ascensos nas Rías Baixas. Compostela téra unha mínima de 15ºC e unha máxima de 23ºC

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.

Comentarios