Compromiso reclama que se actúe nas hortas da Zona Vella

Compromiso reclama que se actúe nas hortas da Zona Vella
Compromiso reclama que se actúe nas hortas da Zona Vella

Na actualidade están nun completo estado de abandono


Compromiso reclama unha actuación de adecentamento e recuperación das hortas que se atopan entre a Rúa das Hortas e a Rúa San Clemente que se están invadidas pola maleza. “Non se pode ter un espazo a 200 metros da Praza do Obradoiro cheo de maleza e que dificulta o paso e que dende os xardíns da Rúa da Trinidade se aprecia o estado de abandono” sostén a formación galeguista e engaden que “non se pode consentir o abandono deste espazo emblemático da cidade”. 

Dende Compromiso apostan por poñer en valor unha zona verde que na actualidade está totalmente descuidada e esquecida. Aínda que na súa contorna si se fixeron distintas actuacións, este espazo ficou no olvido, só usado como atallo de paso pola veciñanza da zona.

Comentarios