O BNG insta ao goberno a unha reflexión na convocatoria das bolsas de comedor, actividades extraescolares e material escolar

O BNG insta ao goberno a unha reflexión na convocatoria das bolsas de comedor, actividades extraescolares e material escolar
O BNG insta ao goberno a unha reflexión na convocatoria das bolsas de comedor, actividades extraescolares e material escolar

Rubén Cela lembra que conseguiu ampliar estas partidas condición imprescindíbel para facilitar a aprobación do orzamento 2018

O Bng de Compostela lamentou que a concelleira de Servizos Sociais ofrecera unha comparecencia de prensa pasado 7 de agosto a falta dun mes para que se inicie o curso escolar ao respecto das solicitudes das bolsas educativas para o curso 2018/2019. O concelleiro Rubén Cela destacou que a ampliación orzamentaria nesta partida é un dos poucos acordos que cumpriu CA como condición imprescindíbel para facilitar a aprobación dos orzamentos tanto 2017 como 2018. A mostra de que esto non era un capricho do grupo municipal do BNG demostrase co número de solicitudes que se presentaron este ano, a nosa petición da ampliación orzamentaria baseábase nas demandas da Federación de Nais e Pais.

O grupo municipal do BNG recórdalle ao grupo de goberno que debe seguir mellorando este servizo en varios aspectos e que fagan unha reflexión en profundidade e corrixan eivas moi evidentes. A primeira é a publicidade, ao respecto do ano anterior aumentáronse o número de solicitudes, pero non deixa de ser gráfico que soamente correspondan ao 14,1% do censo de nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. Cando hai que ter en conta dous factores conciliación e poucos ingresos. É primordial que se publique antes a convocatoria. En segundo lugar, as familias deben ser informadas se son beneficiarias dunha bolsa de comedor, actividade extraescolar o para material escolar antes de iniciar as vacacións do verán. O noso grupo segue a ter moitas queixas sobre as trabas burocráticas e procedementos formais que ten o procedemento desta convocatoria, existen mecanismo de simplificación. Hai un retraso intolerábel no pagamento das bolsas e do que se ten que dar conta o grupo de goberno que hai Anpas que asumen a xestión directa o comedor e as actividades extraescolares. CA segue a incumprir un compromiso dunha proposta do Bng aprobada no pleno que era experiencia piloto de actividades extraescolares organizadas directamente desde propio Concello e a mellora das actividades de conciliación, esto sería competencia da concellería de Educación.

O concelleiro Rubén Cela, comentou ao respecto do recurso da ORA, que o Bng está a favor da asunción directa da xestión dos servizos externalizados, tanto da ORA como doutros servizos como podería ser a EMM. Rubén Cela explicou:” non estamos de acordo en como se tramitou o expediente, dixémolo por activa e por pasiva e advertimos que sería moi sinxela a xudicialización porque o expediente non estaba ben armado.” O Bng non concorda co modelo porque non supón ningunha mellora para a veciñanza, a mellor remunicipalización e a desaparición da ORA. O voto do grupo municipal do Bng foi favorábel por responsabilidade coas traballadoras e traballadores da ORA e por estar a favor da xestión pública e dos servizos públicos. Por iso o concelleiro enfatizou que espera que polo ben do conxunto dos traballadores non se atendan as alegacións, ao tempo que CA estea disposta nalgún momento a estudar outras alternativas que signifiquen a supresión da ORA no noso Concello.

Comentarios
Lo más