Éxito das seleccións de fútbol gaélico na Gaélic Euro Cup

Éxito das seleccións de fútbol gaélico na Gaélic Euro Cup
Éxito das seleccións de fútbol gaélico na Gaélic Euro Cup

No tocante ó combinado feminino, estas gañaron despois dun partido moi igualado, no que tiveron que ir á prórroga para un desempate que acabou en 28-24, e no que Uxía Castro acadou o título de MVP da competición

As seleccións galegas de fútbol gaélico erixíronse como grandes protagonistas neste primeiro Gaelic Euro Cup, celebrado este domingo 12 de agosto en Lorient, ao converterse en campión o equipo feminino e subcampión o grupo masculino, ámbolos dous fronte a selección francesa.

No tocante ó combinado feminino, estas gañaron despois dun partido moi igualado, no que tiveron que ir á prórroga para un desempate que acabou en 28-24, e no que Uxía Castro acadou o título de MVP da competición. En canto aos xogadores masculinos, fóronse ao descaso cun empate 5-5 que avanzou ata o 10-9 en favor dos galegos dez minutos antes do final do partido, tempo no que os franceses conseguiron remontar.

Adestramento en Ames

Ao longo do verán, o Concello de Ames amosou o seu apoio ao desenvolvemento do fútbol gaélico mediante o cese dos campos deportivos do Milladoiro e Bertamiráns para o adestramento de ambos equipos. Entre as sesións de preparación que tiveron lugar no concello, están as do 12 de xullo das dúas selección e o 2 de agosto da selección feminina.

Comentarios