¿Non sabes qué facer en Rianxo do 16 ao 19 de agosto?

¿Non sabes qué facer en Rianxo do 16 ao 19 de agosto?
¿Non sabes qué facer en Rianxo do 16 ao 19 de agosto?

Hoxe xoves, 16 de agosto, ás 22.30 h, na Praza de Padrón desenvolverase a outra sesión do ciclo de Monólogos na Rúa con Diana Sieira e Ángela Triana 

O Concello de Rianxo en colaboración da Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización invita a participar nas propostas culturais que se van a desenvolver neste fin de semana. 

Hoxe xoves, 16 de agosto, ás 22.30 h, na Praza de Padrón desenvolverase a outra sesión do ciclo de Monólogos na Rúa con Diana Sieira e Ángela Triana ("Niñas de la Risa").

Mañá, venres 17 de agosto, ás 22.00 horas, terá lugar no Paseo Marítimo Rianxeiro (na baixada dende a Carballeira), a inauguración do grupo escultórico Santa Compaña de Nuco Losada Romero. No acto de inauguración ademais do autor das esculturas intervirán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e Xesús Santos, escritor e actor.

A Asociación Festival Rock in Rian organiza o vindeiro sábado 18 de agosto, a partir das 12.00 horas, a Festa da Praia en Tanxil. O mesmo día, a Asociación Fogo Fatuo organiza o seu Festival de baile e música tradicional. Este terá lugar ás 21:30 horas na Praza de Rafael Dieste. 

Ademais de todas estas propostas, Pablo Sanguinetti ofrecerá un obradoiro de literatura e pensamento literario, "Voces non humanas (na miña voz)", entre a tarde do venres 17 e o domingo 19 de agosto, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo e na casa de Axóuxere Editora. O escritor e xornalista arxentino ten publicado ensaios e premiados libros de narrativa así como tamén foi director da coñecida revista de pensamento e escrita Silencios. 

No obradoiro levará a pensar o fenómeno do literario poñéndoo en relación co inhumano que asolaga a existencia, alén da perspectiva sempre correlacionista (entre o suxeito e o mundo) que impuxo a dóxica romántica. Fará pensar en aconteceres non humanos e nas aperturas que propician eventuais escrituras literarias. Así mesmo, ofrecerá a conferencia "Escritas non humanas: obxectos, máquinas, azar e outros actores", o venres 17 de agosto ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo.

Comentarios