A asociación de sendeirismo Rutas a Pie organiza unha saída pola Fregeneda e as ruínas do Prazo no mes de setembro

A asociación de sendeirismo Rutas a Pie organiza unha saída pola Fregeneda e as ruínas do Prazo no mes de setembro
A asociación de sendeirismo Rutas a Pie organiza unha saída pola Fregeneda e as ruínas do Prazo no mes de setembro

A inscrición para participar pódese facer enviando un correo electrónico ao enderezo clubrutasapie@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 628 28 79 57

A saída está prevista para o venres 21 de setembro en autobús que sairá ás 19:00h da estación de autobuses de Santiago, ás 19:05h da de tren e, finalmente, ás 19:15 horas do estacionamento de Santa Marta. Os prezos son de 118 euros para persoas federadas e de 123 euros para as que non o están. Inclúese o traxecto de ida e volta en autobús, aloxamento en habitacións dobres na Pousada Foz de Côa, almorzos de sábado e domingo e a cea do sábado.

Andainas

O sábado 22 de setembro desenvolverase a primeira das saídas, cunha ruta circular de 21 quilómetros, de dificultade moderada, con saída e chegada na aldea portuguesa de Braca D’Alva, dentro do Parque Natural do Douro. Trátase dun complexo tramo da liña entre a fronteira e La Fregeneda, cunha ponte de ferro sobre o río Agueda que permitía o paso do ferrocarril.

O domingo 22 de setembro está prevista a visita ás ruínas do Prazo, coñecidas como o pequeno Machu Picchu portugués. É tamén unha ruta circular, de 15 quilómetros e de dificultade moderada. Trátase dun circuíto arqueolóxico que se inicia na aldea de Freixo do Nûmao ata as ruínas do Prazo. A partir da ribeira a andaina levará aos asistentes ás ruínas do Zimbo por un camiño de viñas para pasar pola Calzada Romana.

Rutas ata final de ano

O calendario de actividades de Rutas a Pie contempla a realización de sete rutas máis ata finais de 2018. Así, após a realización da ruta da Fregeneda, a seguinte que se desenvolverá será a ruta dos socios, de balde, o 29 de setembro. En outubro serán tres as saídas; as Pastorinhas, en Viana do Castelo, o día 6; o Valle del Silencio a fin de semana do 12 ao 14 e, o día 20, unha andaina polo río Arenteiro. Para o mes de novembro realizaríanse dúas saídas máis: do 1 ao 4 pola Selva de Irati (Navarra) e o día 17 nos Bosques Máxicos. A última saída do ano sería entre o 6 e o 9 de decembro, nas Fuentes Carrionas e Fuente Cobre.

Comentarios