Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia atenderá as doazóns de sangue o hoxe e mañá en Bertamiráns

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia atenderá as doazóns de sangue o hoxe e mañá en Bertamiráns
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia atenderá as doazóns de sangue o hoxe e mañá en Bertamiráns

O vehículo estacionará na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía, en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas

A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) estará hoxe e mañá, 20 e 21 de agosto, en Bertamiráns. O vehículo estacionará na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía, en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas.

 Dende o Centro de Transfusión de Galicia lémbrase ás e aos doantes que non se debe acudir a doar sen almorzar, e que aquelas persoas que doen despois do xantar teñen que agardar un mínimo de dúas horas para facelo. Non lles está permitido doar ás persoas menores de 18 anos nin ás maiores de 65 anos (idade a partir da cal é preciso un permiso médico). En Galicia precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue cada día xa que, diariamente, os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.


Recomendacións para doar


As recomendacións para persoas que queiran doar, así como os requisitos, poden obterse premendo nas ligazóns do apartado de descargas. Ademais, o Centro de Transfusión de Galicia publicou un vídeo no que se explica polo miúdo o proceso e que se pode ver premendo na seguinte ligazón https://www.youtube.com/watch?v=ONAx5Aor2JI


Segundo indican dende o Centro de Transfusión de Galicia “as persoas que doan sangue son unha parte importante da sanidade. Están presentes nas intervencións cirúrxicas, cando se atende a persoas que sufriron un accidente de tráfico, cando se loita contra o cancro e a leucemia, cando se realiza un transplante de órganos... O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a súa saúde”.

Comentarios
Lo más