Compromiso reclama unha política de vivenda pública en Compostela

Compromiso reclama unha política de vivenda pública en Compostela
Compromiso reclama unha política de vivenda pública en Compostela

A organización galeguista entende que "o Concello ten competencias e recursos suficientes para actuar nesta materia"

"É preciso dar unha solución ás 500 persoas inscritas no rexistro único de demandantes de vivenda pública protexida da nosa cidade. Isto unido ao incremento de aluguer e de compra de vivenda impulsa a que Compromiso vexa con moita preocupación a falta de vivenda pública protexida na cidade e pide iniciativas para paliar o déficit".

Cun mercado inmobiliario que está a vivir unha segunda burbulla, ao non ser capaz de atopar o equilibrio entre o aluguer residencial e o turístico, está a impedir o acceso á vivenda ás familias. De feito, é unha das causas que está a contribuír a que Santiago estea a perder poboación en favor dos Concellos limítrofes.

Dende a formación galeguista ven insuficiente o Plan Nacional de Vivenda 2018-2021, por falta de orzamento, moi alonxado da realidade e pide ao Concello que faga un estudo das necesidades en materia de vivenda na cidade e tome as medidas oportunas para atallalas. Velaí que a Agrupación local de Compromiso aposte por un parque público de vivenda, xa que na actualidade as políticas de vivenda pública están desaparecidas e o Concello como administración máis próxima á cidadanía.

A organización galeguista entende que "o Concello ten competencias e recursos suficientes para actuar nesta materia e que podería contribuír a frear tanto o aumento dos prezos da vivenda, a expulsición da cidadania compostelá do seu propio Concello, e satisfacer un dereito para calquera ser humano”.

Comentarios
Lo más