Aberto o prazo para inscribirse na XXIII Carreira Popular Concello de Ordes

Aberto o prazo para inscribirse na XXIII Carreira Popular Concello de Ordes
Aberto o prazo para inscribirse na XXIII Carreira Popular Concello de Ordes

A proba terá lugar o 9 de setembro baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo

O Concello de Ordes vén de abrir o prazo de inscrición para a súa XXIII Carreira Popular. O dito prazo rematará o 5 de setembro. A proba terá lugar o 9 de setembro baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, situándose na mesma alameda de Ordes a saída e a meta. As carreiras darán comezo ás 10 horas coas probas Sub 14 e Sub 16 (3.000 m); ás 10.30 horas baby e prebenxamín (500 m); ás 10.50 Sub 18, Sub 20, Sub 23, sénior e máster (9.500 m) e ás 11 horas Sub 10 e Sub 12 (1.000 m). Poderán participar tanto corredores e corredoras federados como non federados.

As persoas interesadas en participar poderán apuntarse ata o vindeiro 5 de setembro en www.carreirasgalegas.com. A inscrición para as categorías escolares será gratuíta, mentres que para as persoas participantes na proba absoluta será de 4 euros. Os equipos, clubs etc que desexen optar aos premios en metálico deberán formalizar a inscrición individual de cada compoñente, ademais de remitir un correo electrónico a FGAsantiago@gmail.com no cal se reflectirá a composición de atletas do club cos seus datos persoais.

Comentarios