O conflito entre a Policía Local e o equipo de goberno vai a máis cun comunicado emitido por CSIF e CCOO

O conflito entre a Policía Local e o equipo de goberno vai a máis cun comunicado emitido por CSIF e CCOO
O conflito entre a Policía Local e o equipo de goberno vai a máis cun comunicado emitido por CSIF e CCOO

Os sindicatos nos descartan ningunha medida aínda que polo momento seguirán negándose a facer horas extras de forma voluntaria

O conflito aberto entre a Policía Local de Ames e o equipo de goberno parece que polo de agora non vai a chegar ao seu fin, senón que vai a máis cun comunicado emitido polos sindicatos CCOO e CSIF. 

No comunicado de prensa os sindicatos lembran que xa votaron en contra da Relación de Postos de Traballo xa que asignaba a Policía Local o grupo que marcaba a lei pero as cantidades económicas dos complementos eran inferiores as que lles correspondía.

Esta negativa a equiparar o soldo co que marca a RPT é para os sindicatos “incoherente y desconsiderado” xa que “en febrero de este años el alcalde y el concejal de tráfico publicaron en las redes sociales fotos suyas apoyando la equiparación de las FCS del Estado con los Mossos d’escuadra”.

Ademais, os sindicatos lembran tamén no comunicado que xa en febreiro a oposición aprobou en pleno unha moción que obriga ao equipo de goberno á equiparación salarial dos policías, acordo que tamén se está a incumprir. Os sindicatos nos descartan ningunha medida aínda que polo momento seguirán negándose a facer horas extras de forma voluntaria.

Comentarios
Lo más