Noia licita a mellora de dous camiños municipais por 50.000 euros

Noia licita a mellora de dous camiños municipais por 50.000 euros
Noia licita a mellora de dous camiños municipais por 50.000 euros

Dous camiños de case un quilómetro de lonxitude cuxa plataforma será arranxada con cinco centímetros de aglomerado en quente

O Concello de Noia vén de sacar a licitación as obras de mellora de dous camiños municipais en Agra de Currais e A Barquiña por un importe de 51.123,71 euros e un prazo de execución de 180 días naturais. Dous camiños de case un quilómetro de lonxitude cuxa plataforma será arranxada con cinco centímetros de aglomerado en quente.

Así, no camiño de Agra de Currais actuarase en dous treitos, que suman 855 metros de lonxitude, onde se procederá á limpeza de gabias en ambas marxes e á ampliación do seu ancho en 1,5 metros nun treito de 200 metros. 

Para esta ampliación empregaranse dez centímetros de pedra e un tratamento asfáltico semiprofundo, rematando os traballos coa reposición do firme en todo o camiño con cinco centímetros de aglomerado en quente.

No caso do camiño na Barquiña, procederase á limpeza de gabias en ambas marxes e á reposición do seu firme con quince centímetros de pedra e cinco de aglomerado en quente sobre unha plataforma de 70 metros de lonxitude e 8 metros de ancho.

Comentarios