Lamentan que o Goberno de Pedro Sánchez non recupere o Pazo de Meirás

Lamentan que o Goberno de Pedro Sánchez non recupere o Pazo de Meirás
Lamentan que o Goberno de Pedro Sánchez non recupere o Pazo de Meirás

Desde En Marea consideran imprescindible a ansiada recuperación para o patrimonio público e rematar coa vergoña de que o Pazo de Meirás

En Marea considera que se debe aproveitar esta modificación da Lei de Memoria Histórica para garantizar que Pazo de Meirás sexa de uso e proveito público. 

Neste sentido En Marea esixe que o goberno adopte as medidas oportunas para reparar esta inxustiza con anterioridade á tramitación parlamentaria do Real Decreto-Lei polo que se modifica a Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñece e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura.

Desde En Marea consideran imprescindible a ansiada recuperación para o patrimonio público e rematar coa vergoña de que o Pazo de Meirás continue estando en mans dos herdeiros do ditador, sabendo que esta propiedade "foi conseguida con violencia e extorsión resulta un insulto para a memoria democrática". 

"O Estado español debe rematar con este expolio e homologarse aos países do noso entorno no trato ao seus dictadores e as súas propiedades adquiridas de xeito ilícito", aclaran dende a formación de Luís Villares.

Como destaca o voceiro no Parlamento, Luís Villares, “a memoria histórica non pode recuperarse de maneira selectiva”, no mesmo sentido o voceiro no Congreso, Antón Gómez-Reino, declarou “ademáis de sacar os restos do ditador do Valle de los Caídos, hai que sacar á familia do ditador do Pazo de Meirás”.

En Marea esixe ao Goberno que con anterioridade á tramitación no Congreso do RDL de modificación da Lei de Memoria Histórica inclúa a recuperación do Pazo de Meirás e o seu destino a usos dotacionais públicos, petición que ten aprobado e solicitado do Goberno central a Corporación local de Sada por medio do seu alcalde, Benito Portela, para dar cumprimento ao vixente PXOM da localidade.

Tanto o Concello de Sada como En Marea entenden que a propiedade non pode permanecer por máis tempo en mans dos herdeiros de Francisco Franco, e "continuaremos traballando para conseguir que esta sexa posta a disposición da cidadanía e se destine a actividades relacionadas coa memoria histórica e co fomento da cultura da paz, da convivencia e da tolerancia que sirvan para a resolución de conflitos". 

Comentarios
Lo más