Galicia presente no Festival Museumsuferfest de Frankfurt

Galicia presente no Festival Museumsuferfest de Frankfurt
Galicia presente no Festival Museumsuferfest de Frankfurt

Galicia conta coas actuacións da cantante de soul e pop Wöyza xunto cun grupo de oito integrantes formado por músicos, voces e bailaríns

Galicia continúa esta fin de semana o seu labor de promoción turística coa participación, durante tres xornadas, en Spanien am Main, unha cita que se celebra dentro do Festival Museumsuferfest de Frankfurt, a festa máis importante da cidade e un dos festivais culturais máis relevantes de Alemaña

Turismo de Galicia aposta de novo por este evento internacional, onde os asistentes poden gozar de numerosas representacións artísticas, actuacións de música en vivo nos escenarios instalados na ribeira do río, especialidades culinarias internacionais e expositores de información, ademais de ter a oportunidade de visitar os máis de 20 museos que dan precisamente nome o evento e que ofertan actividades durante toda a semana.

España e o único pais cun recinto propio denominado Spanien am Main, que está composto por carpas informativas das diferentes comunidades participantes, así como un escenario con programación cultural e música en directo. 

Neste marco, Galicia conta coas actuacións da cantante de soul e pop Wöyza xunto cun grupo de oito integrantes formado por músicos, voces e bailaríns. 

En total, ten programadas sete actuacións, cada unha dunha hora de duración, nas que ofrece un espectáculo en galego deseñado especificamente para este evento coa colaboración de coñecidos músicos tradicionais da Comunidade galega.

Un 5,6% máis de viaxeiros xermanos O mercado alemán é un dos máis importantes para Galicia, pois constitúe o segundo país emisor que máis turistas aporta despois de Portugal. En 2017, incrementouse un 5,6%.

Comentarios
Lo más