Padrón acolle unha xornada de pilotaxe de drons

Padrón acolle unha xornada de pilotaxe de drons

O tesoureiro do CPEIG e responsable do programa “Tech Kids”, Francisco Rodríguez, sinala que tanto o Colexio profesional como Amtega teñen como obxectivo fomentar o “talento dixital” das nenas e nenos de toda Galicia

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan nestes meses de verán –finais de xullo, agosto e setembro– unhas xornadas sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos enmarcadas no programa “Tech Kids”, destinado a fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega.

Hoxe celebraráse unha xornada sobre “Pilotaxe de drons” na Aula CeMIT do concello de Padrón.

Co auxe actual dos drons e o aumento de ofertas de traballo relacionadas con esta tecnoloxía, na que se fan tarefas de de mantemento, entregas a domicilio ou traballos audiovisuais con drons, a xornada de iniciación na pilotaxe de drons está destinada a rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos que coñecerán as súas partes, como se montan e como son capaces de voar. 

Tamén farán unha práctica empregando dous tipos de aeronaves: un overcraft –para entender os controis e movementos– e un dron co que percorrerán un circuíto e mesmo competirán entre eles.

O tesoureiro do CPEIG e responsable do programa “Tech Kids”, Francisco Rodríguez, sinala que tanto o Colexio profesional como Amtega teñen como obxectivo fomentar o “talento dixital” das nenas e nenos de toda Galicia. 

De feito, indica que moitos dos empregos actuais desaparecerán –sobre un 43% dos postos de traballo actuais– e haberá novos traballos con competencias no ámbito dixital. 

En concreto, explica que estes talleres pretenden mellorar a conciencia entre a xente nova de que a aplicación de computación e codificación para os problemas sociais reais pode axudar a cambiar o mundo.

Comentarios
Lo más