Calcinado un vehículo nun incendio declarado nun pendello
06:30 28/08/18
06:30 28/08/18
O lume afectou ás paredes do pendello e outros enseres
Onte declarouse un incendio no que quedou calcinado un vehículo que gardaban nun pendello no concello de Meis.
A estrutura apenas sufriu danos debido a que o coche foi retirado en canto os ocupantes da vivenda anexa se decataron do incendio.
Con todo, ademais do vehículo o lume afectou ás paredes do pendello e a outros enseres que alí se almacenaban.
Para sufocar o incendio, acudiron os efectos do parque do Salnés e os voluntarios de Protección Civil da localidade, alertados polo 112 Galicia ás 14:15 horas de hoxe.