Rapararanse de inmediato os xogos do parque infantil da Alameda que foron obxecto de vandalismo

Rapararanse de inmediato os xogos do parque infantil da Alameda que foron obxecto de vandalismo
Rapararanse de inmediato os xogos do parque infantil da Alameda que foron obxecto de vandalismo

A concelleira Mariola López Cierto pide un maior respecto ao mobiliario público e a colaboración veciñal na denuncia deste tipo de actos, “pois xa é a terceira actuación que temos que facer por vandalismo na zona”

O Concello de Noia reparará nos próximos días os xogos do parque infantil da Alameda que foron obxecto de actos vandálicos durante os últimos días. Ata que se realicen eses traballos de reparación, estes xogos permanecerán pechados para evitar eventuais danos entre os nenos e nenas.

A concelleira de Parques e Xardíns, Mariola López Cierto, explica que “no parque infantil da Alameda apareceron rotos varios xogos, que imos reparar o antes posible dende o Concello de Noia. Mentres duren estas reparacións, os xogos estarán tapados para evitar calquera incidencia”.

Neste sentido, López Cierto fai un chamamento ao respecto do mobiliario público xa que “estamos falando de que á terceira vez que temos que actuar na zona por causa do vandalismo”. Así mesmo, a concelleira solicita a colaboración veciñal para tratar de dar co autor ou autores deste tipo de incidentes pois “se manter en bo estado o noso mobiliario urbano é algo importante, no caso deste tipo de estruturas que están deseñadas para o xogo dos nosos nenos e nenas se volve nunha prioridade”.

Comentarios