Compromiso reclama unha actuación urxente no parque infantil da Muíña

Compromiso reclama unha actuación urxente no parque infantil da Muíña
Compromiso reclama unha actuación urxente no parque infantil da Muíña

Piden novos equipamentos e regulación do tráfico na contorna do parque


Dende Compromiso denuncian "o estado de abandono no que se atopa o parque infantil da Muíña, un parque pequeno, incómodo e perigoso para os usuarios". O espazo é utilizado por un alto número de crianzas, polo que habitualmente fica pequeno, sobretodo a pista para a práctica do fútbol e do baloncesto.

Dende a formación galeguista tamén piden que se regule o tráfico na contorna do parque. "A súa proximidade ao Polígono de Costa Vella fai que sufra unha importante densidade de tráfico, que pasa a unha alta velocidade pola zona, xerando moita inseguridade entre os usuarios do parque infantil e a veciñanza". A Agrupación galeguista tamén indican que “a medida de usar badéns vese que non é todo o efectiva que se esperaba e que a seguridade vial mere algo máis que parches”.

Comentarios
Lo más