Vinte nenos participan no pavillón de Palmeira nun curso de pilotaxe de drones

Vinte nenos participan no pavillón de Palmeira nun curso de pilotaxe de drones
Vinte nenos participan no pavillón de Palmeira nun curso de pilotaxe de drones

Os rapaces, con idades entre os 8 e os 16 anos, están a iniciarse no manexo destas aeronaves a través dun circuíto no que gañar habilidades

Organizado polo Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia e Amtega coa colaboración do Concello, vinte nenos e nenas están a participar no Centro Multiusos Alcalde Torres Colomer de Palmeira nun curso de pilotaxe de drones.

Os rapaces, con idades entre os 8 e os 16 anos, están a iniciarse no manexo destas aeronaves a través dun circuíto no que gañar habilidades.

A actividade inscríbese no programa Tech Kids de Amtega e pretende dunha forma lúdica sementar entre os asistentes a curiosidade por este aparello que ten cada día máis futuro en sectores como o mantemento de infraestruturas, as entregas a domicilio, a vixilancia de incendios ou o sector audiovisual.

Comentarios
Lo más