A Corporación local garda un minuto de silencio polo novo asasinato machista

A Corporación local garda un minuto de silencio polo novo asasinato machista
A Corporación local garda un minuto de silencio polo novo asasinato machista

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres

A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista dunha muller en Huarte (Navarra). A vítima faleceu o pasado domingo.

O alcalde, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación sumáronse a este acto, para lembrar á muller asasinada. Deste xeito, dáselle cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres.

Comentarios