A piscina municipal de Noia abrirá as súas portas o mércores 5 de setembro

A piscina municipal de Noia abrirá as súas portas o mércores 5 de setembro
A piscina municipal de Noia abrirá as súas portas o mércores 5 de setembro

Os traballos tamén supuxeron a instalación de ramplas de acceso para persoas con minusvalía física, así como a colocación de pavimento antideslizante nalgún dos tramos da instalación

A piscina municipal de Noia volverá abrir as súas portas o próximo mércores 5 de setembro, despois das actuacións de mellora realizadas nas últimas semanas polo Concello de Noia. Unhas actuacións que incluíron o acondicionamento das duchas, “onde se colocaron novos azulexos e se cambiaron as tuberías para darlle máis presión á auga”, explica o concelleiro de Deportes, Ramón Santos. 

Os traballos tamén supuxeron a instalación de ramplas de acceso para persoas con minusvalía física, así como a colocación de pavimento antideslizante nalgún dos tramos da instalación.

Comentarios