Actuación conxunta da Banda de Música de Ordes e do coro suízo Echo Vom Subrtal

Actuación conxunta da Banda de Música de Ordes e do coro suízo Echo Vom Subrtal
Actuación conxunta da Banda de Música de Ordes e do coro suízo Echo Vom Subrtal

Entre as pezas que ofreceron, en moitos casos con referencias “á natureza e ás zonas verdes que caracterizan a nosa zona tal e como ocorre aquí en Galicia”

A Banda de Música de Ordes ofreceu esta fin de semana unha da actuacións máis especiais do ano. Concretamente levou a cabo un concerto internacional no que o protagonismo estivo compartido cos compoñentes do coro folclórico Echo Vom Subrtal, provintes da zona de Endingen (Suiza).

Entre as pezas que ofreceron, en moitos casos con referencias “á natureza e ás zonas verdes que caracterizan a nosa zona tal e como ocorre aquí en Galicia”, segundo explicou o voceiro do coro internacional, destacou o uso da trompa alpina e o acordeón diatónico suizo, ademais do canto Yodel. No escenario non faltaron gaitas, bombos e tambores, para finalmente participar tamén o propio coro da banda ordense.

As boas condicións meteorolóxicas favoreceron a presenza de numeroso público, entre o que se encontraban o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e os concelleiros de Cultura e Educación, José Manuel Mira e Susana García respectivamente.

Comentarios