Acusan a Feijóo de "disfrazar a súa inoperancia sumándose á estratexia de tensión"

Acusan a Feijóo de "disfrazar a súa inoperancia sumándose á estratexia de tensión"
Acusan a Feijóo de "disfrazar a súa inoperancia sumándose á estratexia de tensión"

Fernández Leiceaga reivindica unha estratexia de “acordo e pacto” co goberno de Sánchez e trasladar demandas de Galicia “sen sobreactuación e en equilibro”

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, alertou hoxe fronte á intención de Feijóo de “disfrazar a súa inoperancia sumándose á estratexia de tensión impulsada por Casado” con relación a temas territoriais. Así o dixo nunha comparecencia ante os medios de comunicación na que presentou a sanidade, as políticas sociais, emprego e infraestruturas como os eixos da acción política do Grupo Socialista para o próximo período de sesións.

O responsable socialista dirixiuse hoxe ao presidente da Xunta para reclamarlle que mude a estratexia frentista polo “acordo e pacto” co goberno central á hora de acadar “máis oportunidades para Galicia”. Propuxo neste sentido “trasladar as demandas de Galicia sen sobreactuacións e en equilibro”.

Aludiu así á utilización política por parte de Feijóo de asuntos como o Porto de A Coruña, onde “hai que afrontar unha débeda de 300 millóns de euros derivada dos xestores pasados da entidade” e que debe encamiñarse “dende Fomento en colaboración coa Xunta e o Concello”.

Así sucede tamén co reintegro do IVE á Comunidade Autónoma, un problema derivado dunha modificación de Montoro, á que Feijóo nunca replicou ata que chegou o PSOE ao Goberno. Fernández Leiceaga explicou que tivo que ser a actual ministra de Fomento quen dera solución a través dunha “actuación moi razoable” para reintegrar parte da liquidación correspondente ao ano 2017.

O mesmo presidente da Xunta, sinalou, que reclamaba en voz alta a débeda mentres votaba en contra de ampliar as marxes de endebedamento abertas no último Consello de Política Fiscal e Financeira.

Fernández Leiceaga criticou así a “falla de ambición e proxecto” de Feijóo, que renuncia a aqueles fondos adicionais e que enfronta o comezo do curso político sen dar noticias do orzamento da Xunta para o próximo ano e logo de pechar o anterior período de sesións sen presentar unha soa proposición de Lei.

Comentarios
Lo más